Arrinca o Culturgal, a grande cita do sector da cultura en Galicia

46

PONTEVEDRA> Hoxe arrincou a Feira das Industrias Culturais. Ata o domingo, Culturgal ofrecerá no Pazo da Cultura de Pontevedra as novidades no sector do libro, a música ou a produción audiovisual. Para facilitar que todos os interesados poidan asistir, este ano a organización ofrece un servizo de autobuses dende outras cidades galegas.

Na undécima edición do Culturgal poderase ver o editado durante o ano pasado, pero tamén o que está por vir.

O público xeral poderá desfrutar dunha ampla oferta relacionada co sector cultural galego.

Hoxe a xornada estivo máis orientada ó ámbito profesional. Durante a fin de semana haberá catro grandes espectáculos.

Para que ninguén se perda a cita a organización ofrece autobuses dende outras cidades galegas.

Lembren, Culturgal estará aberto ata o domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra.