“Solo Rivas Fontán” recolle as lembranzas dun político alonxado do rebaño

PONTEVEDRA> Entre as actividades programadas no Culturgal, mañá ás 12 asinarán exemplares do libro “Solo Rivas Fontán” o autor, Adrián Rodríguez, e o protagonista da obra biográfica. Hoxe estivemos con eles para que nos falaran destas memorias do político pontevedrés, que xa superan os mil exemplares vendidos.

Hai algo máis de dous anos, Adrián Rodríguez tomou a decisión de escribir un libro biográfico sobre Xosé Rivas Fontán. Facíao despois de anos recorrendo a el para completar as crónicas políticas que lle tocaba escribir no Diario de Pontevedra.

17 días de entrevistas, 50 horas de gravacións e a completa hemeroteca de Rivas Fontán axudaron a configurar unhas memorias ás que algúns lle atribúen o cualificativo de thriller.

Dende a súa publicación a acollida ten sido moi boa.

O libro fala dunha forma de facer política que nada ten que ver coa actual. Sucedía o mesmo a nivel local durante os 12 anos nos que foi alcalde de Pontevedra.

Pero non esquezamos que ante todo “Solo Rivas Fontán” é unha biografía.

Adrián Rodríguez e Xosé Rivas Fontán estarán mañá no Culturgal asinando exemplares. Será entre as 12 e a 1 no stand 99.