A Festa das Cunchas estrea roteiro de tapas rendendo homenaxe a oito mariscos

PONTEVEDRA> En marcha o primeiro roteiro de tapas da Festas das Cunchas de Pontevedra. Dende hoxe e ata o 30 de xuño 46 establecementos de toda a cidade elaborarán petiscos con oito mariscos de cuncha como os protagonistas indiscutibles. Unha proposta que a hostalería recibe cos brazos abertos para animar o consumo.

Suxerentes propostas coma esta poden atoparse dende hoxe en case medio cento de locais pontevedreses.

Esta é a proposta que Rafael Rúa, propietario do Café Bar Lelé II preparou para a estrea do roteiro de tapas da Festa das Cunchas. Unha actividade na que durante 12 días oito mariscos de cunch a serán os protagonistas dos petiscos da hostalería pontevedresa participante.

A acollida da proposta entre a hostalería foi todo un éxito. E é que a actividade permite, por unha banda, presumir de produto e bo facer e, pola outra, animar á clientela a volver aos bares.

O mal tempo obrigou finalmente a cancelar outra das actividades da Festa das Cunchas prevista para hoxe: as saídas en embarcacións tradicionais pola ría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí