Medio cento de actividades animarán o Nadal ribeirense

RIBEIRA> Os ribeirenses desfrutarán este ano dunha ampla oferta de ocio durante o Nadal. A concellería de Cultura deseñou un completo programa en colaboración cos departamentos de comercio e xuventude así como co tecido asociativo da vila.

Cine, música, danza, maxia.A programación navideña do concello de Ribeira inclúe modalidades artísticas para tódolos públicos e tódolos gustos. Aínda que coma sempre os nenos serán os principais protagonistas. O espazo de usos múltiples acollerá diversos xogos e obradoiro no program Enreda no Nadal mentres que o auditorio dará cabida a numerosos espectáculos infantís.

Desenvolveranse ademais numerosos festivais organizados polas asociacións do concello que concluirán o sábado 22 co concerto de confraternidade de corais na igrexia parroquial.

A dinamización da rúas tamén está ben presente no programa co obxectivo de animar as vendas no comercio local. Así, haberá espectáculos de música itinerante, o expreso de Oriente e inchables de Nadal.

A mocidade desfrutará da Festa da Noitevella con tres DJs en distintos puntos da cidade así como unha carpa instalado na Malecón,. A programación chegará á súa fin coa cabalgata o día cinco e a festa infantil de reis, o día seis.