Preocupación en Ribeira pola presenza de ‘okupas’ nun edificio abandonado a carón da escola infantil

RIBEIRA> A presenza de ‘okupas’ nun edificio abandonado situado a carón da escola infantil está a provocar unha enorme preocupación nos pais que a diario levan ós seus nenos ó centro.

Consideran que a zona se está a converter nun foco de inseguridade e lixo, pois é habitual atoparse restos de roupa usada e outros obxectos tirados pola rúa.

Ademais apuntan tamén a que xa se rexistraron varios roubos a vehículos estacionados no lugar, temendo que a situación vai a máis.

A pesar das reiteradas denuncias realizadas no Concello, a situación segue igual.

O alcalde, Luís Pérez Barral, é consciente da preocupación que o problema está a suscitar, aínda que sinala que o Concello pouco pode facer ó respecto.

Segundo el o edificio en cuestión pertence ó Sareb, que é quen pode actuar e realizar o desaloxo do inmoble.

–inserto

Respecto ós problemas de inseguridade da zona, avanzou que lle ten solicitado xa a Subdelegación do Goberno unha maior vixilancia da zona, que se verá reforzada tamén coas patrullas da Policía Local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí