VALGA> Conta atrás para o arranque das obras de mellora da mobilidade na estrada PO-190, en Valga. O proxecto contempla a substitución das vellas beirarrúas por unha senda peonil, melloras na rede de saneamento e tamén un incremento da seguridade viaria. Está previsto que os traballos arranquen nas vindeiras semanas.
A mellora global da estrada PO-190, en Valga, vai camiño de seren unha realidade. A Xunta xa sacou a licitación o proxecto, que contempla diversas actuacións. A máis destacada: a creación de novas beirarrúas. Tamén se levará a cabo unha reparación xeral da rede de pluviais, colocaranse varandas de protección para os peóns e instalaranse pasos de peóns sobreelevados.
Para o alcalde da localidade, con esta actuación dáse resposta a unha vella reivindicación, ó tempo que se dá solución a vellos problemas. A actuación implicará a renovación desas beirarrúas, que mudarán agora en sendas peonís.
A licitación desta actuación xa foi publicada no Diario Oficial de Galicia. Os traballos arrancarán en cuestión de semanas e prolongaranse durante os vindeiros 5 meses.
Os traballos vanse executar ó longo de 1.300 metros. Aproveitando a actuación, vaise aproveitar tamén para repinta-las marcas viarias a renova-la sinalización horizontal e vertical.