BOIRO> O PP de Boiro amósase moi crítico co goberno municipal por destinar a totalidade do POS da Deputación a gasto corrente. Segundo o seu voceiro, é unha mostra máis do mal estado financeiro do concello dende que goberna o Partido Socialista.
Os populares critican tamén a obra proposta no POS adicional para a construción dunha EDAR en Cures. Ademais da molestias que, din, ocasionará ós veciños así como a obriga de expropiar terreos, denuncian que o proxecto non poderá executarse con cargo a este plan posto que precisa dunha serie de informes sectoriais que impediría a súa tramitación en tempo e forma.
Acusan tamén ós socialistas de dobre vara de medir posto que mentres que en concellos limítrofes como Rianxo critican que se destine gran parte do POS a gasto corrente, en Boiro fan todo o contrario.