BARBANZA> Dende a entidade consideran que esta sería a mellor opción para conseguir a recuperación dos prezos do marisco.
Entre as primeiras medidas previstas por Rañeir@s da Ría para a xestión do libre marisqueo figura o paro da actividade entre o sete e o quince de xaneiro. O obxectivo é favorecer a recuperación dos prezos que tenden a caer en picado tralo Nadal. Polo momento, a entidade xa solicitou á Consellería do Mar a autorización para o peche de tódalas zonas dedicadas ó libre na ría.
Para compensar este paro temporal, Rañeir@s propón a ampliación da campaña ata mediados de abril; aínda que esta decisión dependerá do estado dos bancos.
Unha vez o DOG publique a resolución oficial sobre o permiso de xestión concedido á entidade, elaborarase un plan concreto cos periodos de peche e apertura, topes e sistemas de vixilancia e control.