O concello de Boiro executará dous novos treitos nos paseos marítimos de Coroño e Esteiro

BOIRO> O executivo boirense acometerá a construción de dous novos treitos nos paseos marítimos de Coroño e do Esteiro. O alcalde destacou a importante rebaixa orzamentaria dos proxecto fronte ós plantexados no seu día polo anterior goberno.

Un dos novos treitos executarase na zona norte do paseo Coroño, dende Ponte Goiáns ata Escarís. Será algo máis dun quilómetro no que se instalarán máis de sesenta luminarias, mobiliario urbano, dúas pasarelas e unha zona de aparcadoiro. Este proxecto ascende a douscentos catro mil euros.

O outro paseo executarase entre o Esteiro e O Careixo. Un treito liñal de máis de douscentos metros e moi amplo cunha anchura de tres metros para dar cabida a zona peonil, carril bici e zonas verdes.

O alcalde destacou tamén a importante rebaixa do proxecto con respecto ó do anterior goberno. Acometerase cunha partida de cento corenta e tres mil euros fronte ós preto de cincocentos mil presupostados no proxecto inicial.