DÜSSELDORF> Portos de Galicia desembarcou hoxe na súa cita anual no salón náutico de Düsseldorf. Trátase dunha importante oportunidade para a oferta náutica galega, profundizando na promoción nos Países Bálticos e do norte de Europa. Alí, o ente autonómico aproveitará para desenvolver unha densa axenda de encontros.
Conquistar o mercado náutico dos Países Bálticos de do norte de Europa, e o obxectivo ambicioso que se marca Portos de Galicia. O ente autonómico desembarcou hoxe a oferta galega no Salón Náutico de Düsseldorf.
O salón alemán configúrase como un escaparate excepcional para a náutica galega. Non só polo seu tamaño; tamén pola variedade da súa oferta.
Ademais das xestións propias que ten programadas Portos de Galicia, tanto este ente como a Axencia de Turismo de Galicia arrouparán en Alemaña á media ducia de emrpesas náuticas galegas que levan ata o salón a súa oferta promocional.