Máis de mil cativos conmemoran o Día da Discapacidade no Festiritititi de AMICOS

BOIRO> Amicos volveu celebrar o Día Internacional da Discapacidade co Festival Titirititi. Esta festa en prol da inclusión reuniu na parque da Cachada de Boiro a máis de mil escolares de todo o Barbanza.

O parque da Cachada encheuse de xogos e diversión nesta soleada mañá na que preto d mil cativos de toda a comarca participaron no Festiritititi de AMICOS. Con esta cita, que acada xa a súa quinta edición, a entidade conmemora o Día Internacional da Discapacidade no que presente ser unha xornada reivindicativa, lúdica e inclusiva.

Como cada ano non faltaron á cita as autoridades tanto locais como autonómicas que quixeron apoiar coa súa presenza non só este festival senón o inestimable labor que realiza AMICOS ó longo de todo o ano.

Participaron tamén nesta xornada representantes das empresas patrocinadoras que fan posible este evento como Jealsa, Actemsa. Grupo Nosa, Orbutrans e Clínica Dental Rebeca Ozores.