Vilagarcía patrocinará aos deportistas locais que compitan fóra de Galicia

VILAGARCÍA> Ravella programa un patrocinio para todos aqueles deportistas locais que compitan foran da localidade. Esta mañá o alcalde, Alberto Varela, recibiu a tenista Jessica Bouzas, quen esta a disputar competicións de índole internacional.

Manter o vínculo da vila natal e apoiar a labor de aqueles deportistas de Vilagarcía que participen en competicións fora de Galicia é a intención que busca Ravella, coa promoción de estas promesas locais.

No concello estivo esta mañá a deportista Jessica Bouzas, acompañada da súa familia, e que foi recibida polo alcalde e o edil de Deportes. Bouzas participa en diferentes competicións internacionais nas que está logrando grandes éxitos no tenis feminino. Esta vilagarciá admitiu que os patrocinios de este tipo permiten que moitos deportistas poidan seguir competindo nas diferentes categorías.

Promover as carreiras profesionais de estas promesas do deporte é unha das finalidades que se buscan dende o concello de Vilagarcía.