O balance anual de Cáritas deixa un descenso das familias atendidas

RIBEIRA> Sen embargo, detéctase a cronificación da pobreza na maioría dos usuarios polo que dende a entidade están a poñer en marcha un plan de formación.

Cáritas Parroquial de Ribeira pecha o ano con duascentas familias atendidas, que supoñen un cómputo total de setecentos usuarios, entre eles trescentos menores. Aínda que a cifra baixa con respecto ós dous últimos anos, si se detecta unha cronificación da pobreza na maoría dos casos.

Entre as accións formativas previstas para o próximo ano destaca un curso de administración de recursos no fogar e outro de cociña.

Dende Cáritas destacan tamén a colaboración desinteresada de diversos profesionais que doan artigos ou prestan servizos de xeito gratuíto.