500 corredores daranse cita na Carreira Popular Santa Uxía que celebra o seu 25 aniversario

RIBEIRA> Xa están abertas as inscricións para participar na carreira popular Santa Uxía que se celebrará o sábado 28 en Ribeira. A organización agarda superar os 500 participantes neta 25 edición que será ademais un memorial en lembranza de Manuel Ruíz.

Máis de 500 persoas participarán na Carreira Poppular Santa Uxía que se celebrará o sábado 28 de setembro con saída e meta dende o Malecón de Ribeira. O percorrido será de dez quilómetros para as categorías de sub18 a master mentres que os pequenos realizarán probas máis curtas en función da idade.

A inciiativa da asociación de eveciños de Carreira, a proba converterase tamén neste ano nun memorial a Manuel Ruíz, técnico municipal de deportes falecido o pasado ano, que foi un dos principais impulsores desta carreira que cumpre xa 25 anos.

Os interesados en inscribirse poden facelo ata o próximo mércores en emesports.es ou na web carreirasgalegas.com a proba forma parte dos circuítos de carreiras populares da Deputación da Coruña e da Mancomunidade Barbanza Arousa.