RIANXO> O BNG levará ó Parlamento a situación dos centros educativos de Rianxo. Pedirán explicacións á Consellería sobre as previsións para cubrir as prazas de especialistas nos colexio Castelo, Brea Segade e Ana María Diéguez.
Tras ter coñecemento da intención da Consellería de Educación de atender algunhas das demandas das ANPAS de Rianxo, o BNG preguntará no Parlamento sobre as previsións da Xunta no relativo á incorporación de especialistas e mestres de apoio.
Piden a Educación que deixe de poñer parches e asuma os compromisos adquiridos cos sindicatos de cumprir coas ratios de alumnado e a atención ás necesidades específicas de apoio educativo.
Consideran os nacionalistas que a calidade educativa do ensino público non pode depender de solucións temporais senón que se deben atender as necesidades estruturais de cada centro.