A Pobra acolle o XXX Campionato de Galicia de Marcha en Ruta

POBRA> A Pobra acollerá este sábado a trixésimo edición do Campionado de Galicia de Marcha en Ruta. Partciparán deportistas de tódalas categorías , dende Sub-10 ata Máster. Competirán nun circuíto homologado nas inmediacións do porto comercial.

Ás cinco menos cuarto deste sábado sairá a primeira das carreiras do campionato galego de Marcha en Ruta. As distancias varían dende un a dez quilómetros segundo as categorías. Recibirán medalla os tres primeiros clasificados en cada unha delas.

Unha vez rematadas as probas e trala entrega de trofeos desputarase o Primeiro Trofeo Barbanza de Atletismo en Ruta. Dará comezo ás oito menos curto con distintas probas de un a tres quilómetros.  Esta proba estará aberta tanto a atletas federados como non federados.