O Pleno pontevedrés recrimina ó PP a utilización política da A-57

PONTEVEDRA> O PP tamén levou a pleno as reivindicacións dos veciños de Xeve e Bora en contra do trazado da circunvalación de Pontevedra no tramo entre Pilarteiros e A Ermida. Os populares pedían que se busque unha nova alternativa, diferente ás dúas propostas polo Ministerios de Fomento sobre as que se emitiu informe técnico por parte do Concello.

O grupo popular insistiu no pleno municipal en reclamar un trazado alternativo para a A-57 que sexa menos lesivo para os veciños de Xeve e Bora.

PSOE e BNG defenderon que o importante é que a circunvalación se faga, e que buscar agora un novo trazado significaría unha volta a empezar nun proceso que xa se ten demorado moitos anos, e que está máis que estudado polos técnicos.

Pola súa banda, Cidadáns criticou a postura do PP, ó rexeitar agora un proxecto no que teñen participado e incluso liderado. María Rey acusou ós populares de adaptar ó discurso a necesidades electorais e instou ós afectados a presentar alegacións durante o período de exposición pública do proxecto que está aberto agora mesmo.

Completou o debate Marea Pontevedra, que defende que os cartos que se ten previsto investir na A-57 estarían mellor empregados se se usasen para rescatar a AP-9 e facela gratuíta.

A ratificación do informe técnico sobre a A-57 foi aprobada por maioría de 16 votos a favor e 9 e contra. A moción do PP para solicitar un trazado alternativo foi rexeitada con 18 votos en contra e 7 a favor.