NOIA> Quince anos despois da súa fundación, a asociación Mar de Noia comeza a ver cumprido o seu soño. O inicio das obras de construción do novo museo do mar permitirá á entidade exhibir nunhas instalacións axeitadas boa parte da súa extensa colección.
A asociación Mar de Noia ten moito que ver na conservación e divulgación da cultura mariñeira. Este ano, no que se cumpre o decimo quinto aniversario da súa creación, ten moito que celebrar posto que por fin están en marcha as obras do novo museo.
A extensa colección de fondos dos que dispón a entidade fai prácticamente imposible que todos teñan cabida nunha exposición permanente. O novo museo dividirase en quince sección, entre as que terá especial protagonismo o marisqueo e os motores patentados en Noia.
Completarase a exhibición con apartados dedicados á fauna mariña, a cultura mariñeira, maquetas e demais fondos da asociación. O obxectivo do novo museo é poner en valor todo este patrimonio cultural con que conta Noia ó tempo que se crea un novo recurso turístico con gran potencial para atraer visitantes.