BOIRO> O presidente da Xunta visitou as instalacións de Jealsa en Boiro. Alfonso Rueda puxo en valor a aposta pola innovación deste grupo empresarial que está a realizar importantes investimentos despois de que a Xunta autorizase a prórroga da concesión da planta emprazada no porto do Bodión.
Acompañado pola Conselleira do Mar, o presidente da Xunta desprazouse esta mañá ata Jealsa. Trátase da primeira visita de Alfonso Rueda despois de que o goberno que preside autorizase a prórroga da concesión da factoría do Bodión de 50 a 75 anos, o que permitiu á empresa en realizar novos investimentos para a mellora e ampliación das instalacións.
Tanto o presidente do grupo empresarial como o alcalde de Boiro quixeron agradecera a aposta da Xunta por esta firma que constitúe un dos principais motores económicos e de creación de emprego non só do municipio senón de toda a comarca.
Ademais de visita á planta principal, o presidente tivo ocasión de coñecer o novo almacén que acaba de poñerse en marcha totalmente automatizado e dotado da última tecnoloxía para optimizar o traballo. O percorrido rematou no Centro Tecnolóxico que conta cun moderno laboratorio e unha planta de valorización.











