Cambados ‘debúxase na inmensidade’ de Fitur 2019

MADRID> O concello de Cambados, entre tanto, desprazouse a FITUR presentar un municipio que se ‘debuxa na inmensidade’. O mar, o marisco, os monumentos e, por suposto, o viño centraron o paso da vila pola feira de turismo.

Co viño Albariño como principal reclamo turístico, o concello de Cambados acudiu a FITUR para presentar un vídeo promocional no que amosan os principais recursos do municipio cambadés. Leva o título ‘Cambados debuxado na inmensidade’ e nel pódense ver as súas paisaxes, monumentos, gastronomía, arte ou cultura.

Froito do traballo dos sectores turístico e enolóxico, Cambaddos foi declarado Mellor Municipio Enoturístico de España a finais de 2018. A vila converteuse así na opción perfecta para aqueles que queiran degustar un bo viño Albariño con denominación de orixe Rías Baixas.

Sete son xa as décadas nas que se veñen celebrando a Festa do Albariño en Cambados. Tralo éxito colleitado na primera edición a vila quere seguir apostando pola Festa do Albariño de Inverno, que se celebrará no vindeiro decembro durante a ponte da Constitución. Deste xeito a localidade consegue desestacionalizala chegada de visitantes nos meses máis fríos do ano.