VILANOVA> Un mozo da Coruña pinta en Vilanova un mural como homenaxe á vila e, especialmente, á xente do mar. Na elaboración de 10 metros de ancho por 3 de alto poden observarse elementos destacados como as mariscadoras, os bañistas a torre de Cálogo e o propio Valle Inclán. O artistas inspirouse en outros creadores como Picaso e Seoane.
Preto da praia das Sinas, concretamente na rúa Carballal de Vilanova de Arousa, pode observarse este colorido mural. A obra é creación de Alex Mosquera, un mozo da Coruña que leva veraneando na vila dende neno e que quixo facer o seu propio homenaxe a Vilanova e á xente do mar.
O mural está repleto de símbolos característicos de Vilanova e a comarca.
O mural ten un tamaño de 10 metros de ancho por 3 de alto. Alex tardou 9 días en pintalo e para deseñalo inspirouse en artistas como Picaso e Seoane.
Inspirándose nos autores xa citados, Alex creou a súa obra mesturando cores vivas para xogar coas escalas e as perspectivas.
O mural atópase na casa dos seus tíos, co que hai que mirar por enriba do muro para poder velo. O artista agarda que guste á veciñanza de Vilanova e poder realizar máis creacións no municipio.