O BNG de Ribeira pide un pleno extraordinario para debater sobre o estado do Concello

RIBEIRA> O BNG presentou unha solicitude no Concello para a celebración dun pleno extraordinario no que se aborden, de xeito monográfico, os problemas que a día de hoxe máis lle preocupan ós ribeirenses. Así os nacionalistas aluden a cuestións como os recortes sanitarios e educativos, os problemas crecentes no tráfico e no transporte público ou a falla de mantemento nos espazos públicos, entre outros asuntos.

Para o BNG moitas das culpas destes problemas tena o propio equipo de goberno, que mira para outro lado, e non dá respostas ás demandas reais da veciñanza.

Dende o BNG anuncian que están a  traballar nun plan de resposta  con medidas concretas e inmediatas para poder solucionar os problemas do día a día da veciñanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí