BOIRO> O concello de Boiro desenvolverá ó longo de todo o mes un amplo programa para conmemorar o Día da Muller. Trátase de actividades conxuntas en colaboración con diversas entidades e colectivos do municipio.
Seguindo co seu labor de achegar a figura da muller e a importancia da igualdade en tódolos eidos, o concello de Boiro puxo en marcha este ano o programa ‘Nós tamén xogamos’ para coñecer a realidade feminina no deporte.
No programa de actividades hai tamén oco para as artes escénicas. Serán as mulleres do grupo de teatro as encargadas de representar ‘As paisaxes de Camille’ o dia 11 ás oito na casa da cultura.
A danza tamén forma parte dos actos conmemorativos do 8-M en Boiro polo que a escola de sanza Cen Pliés levará a escena ‘Ceibes’. Será o día 26 de marzo na rúa Estattuto de Galicia a partir das sete.
Pola súa banda, a Cruz Vermella conmemorará esta data e o vinte aniversario dos talleres de memoria cunha mostra fotográfica das súas usuarias.
Paralelamente a estas actividades, o concello está a desenvolver obradoiros sobre igualdade en colaboración cos centros educativos así como a elaboración dun mapa do medo.