Case 50 persoas optan as prazas de servizos sociais de Cambados

CAMBADOS> O Salón José Peña acolleu, este martes, os exames da convocatoria de emprego convocada polo concello para cubrir as prazas nos servizos sociais municipais, cando así o demanden. A convocatoria asistiron unhas 49 persoas, que saberán nos vindeiros días se conseguiron unha das tres prazas dispoñibles.
Este martes as 10:30 da mañá, daba comezo a convocatoria de emprego do concello de Cambados pola que case 50 persoas se debatían 2 prazas nos servizos sociais por interinidade.
O exame contou con 50 preguntas tipo test, ademais dunha proba de galego para todos aqueles que non acreditasen estar en posesión do Celga 4. Finalmente e despois dun longo proceso para convocar un exame de este tipo, este martes foi o día.
Os servizos sociais do concello atenderon nos últimos dous anos máis de 1100 expedientes, sendo a maioría de tramitación de axudas.