O prazo para licitar os proxectos de explotación do transporte público xa está aberto

PONTEVEDRA > A Xunta de Galicia anunciou esta mañá que xa se iniciou o período de información pública dos primeiros proxectos de explotación do plan de transporte de Galicia. O prazo para licitalos rematará a finais de marzo. En total 100 contratos, dos cales 27 se concentran nas zonas de Deza, Vigo, Salnés e Pontevedra.

Xa está aberto o prazo para licitar os primeiros proxectos de explotación de transporte público, así o informou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade está mañá en rolda de prensa. Na área de Pontevedra hai 6 contratos que conteñen en total 166 liñas de transporte público, dos cales 107 corresponden a liñas de transporte compartido.

Para estes proxectos de explotación, incluído tamén o transporte a demanda, a Xunta conta cun investimento anual de 4,5 millóns de euros. Iso si, o Concello de Pontevedra terá que facerse cargo dunha parte de ese gasto.

A conselleira de Infraestruturas tamén falou do transporte a demanda que quere instaurar o Concello e asegurou que no caso de implantarse, debería ser un complemento ás liñas preestablecidas do transporte público.

Ethel Vázquez asegurou que o obxectivo principal da Xunta é garantir un transporte útil, sostible e viable para todos os cidadáns.