A reforma de Loureiro Crespo encara a súa fase final

PONTEVEDRA> As obras da rúa Loureiro Crespo, en Pontevedra, encaran a súa fase final. Dende o concello explican que os traballos avanzan a bo ritmo, polo que agardan que estean rematados este verán. Nesta época está prevista tamén a finalización das reformas dos Campos e a apertura do novo vial que conectará a zona da antiga Tafisa con Monteporreiro.

A rúa Loureiro Crespo de Pontevedra estreará aspecto este verán. O concello calcula que as obras de reforma que se están a executar encaran a súa fase final.

A dificultade é maior se temos en conta que se trata, segundo Gómez, dun dos barrios con maior densidade de poboación de Galicia. Así as cousas, o concello asegura que os veciños están satisfeitos. Máis aínda tralo compromiso do executivo de modificar o cruzamento coa rúa Forcarei para facilitar o xiro dos vehículos.

Este verán tamén rematarán a reforma dos Campos e a apertura do novo vial que conectará a zona da antiga Tafisa con Monteporreiro. Por iso o concello xa traballa nos proxectos que comezarán despois da época estival, entre eles a reforma do cruzamento entre as rúas Italia, Alemaña e Bélxica, en Monteporreiro.

A reforma da rúa perimetral da praza de Barcelos e as reformas da Santiña e de Rosalía de Castro son outros dos proxectos que o concello ten sobre a mesa para despois do verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí