Valdecorvos contará cun novo aparcadoiro de 200 prazas

PONTEVEDRA > A zona de Valdecorvos contará nos próximos meses cun novo aparcadoiro que dispoñerá de 200 prazas. O Concello de Pontevedra prevé que a obra estea rematada en dous meses.

Os servizos técnicos do Concello están traballando na posta en marcha dun novo aparcadoiro na zona de Valdecorvos, que contará con 200 prazas e que se suman ás 150 xa existentes na zona.

Valdecorvos é unha das parcelas que está destinada a equipamento educativo, igual que a de Belas Artes. En caso de que se decida construír un colexio, tería que buscarse outra zona para a desviación do estacionamento.  Con respecto á proposta feita por parte do PSOE de facer un aparcadoiro na zona da Airiña, o concelleiro amosouse concluínte.

O Concello inverterá arredor de 90.000 euros nesta obra e prevé que estea dispoñible para os usuarios nos vindeiros meses. Consideran que, polo de agora, a demanda está cuberta e non descartan a posibilidade de amplialo en caso de que fose necesario.

 

Comments are closed.