Un banco de pedra reivindica o papel da muller na escrita no aniversario do ‘Manifesto de Soutomaior’

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra conmemora o aniversario da sinatura do Manifesto de Soutomaior. Dende este mediodía, os xardíns do Pazo Provincial locen un banco de pedra con forma de libro que recorda os nomes das impulsoras do manifesto e recolle algunha das súas demandas, dirixidas a conseguir máis representación da muller no mundo da escrita.

Un banco de pedra con forma de libro celebra o aniversario do ‘Manifesto de Soutomaior’.

A peza inaugurouse este mediodía nos xardíns do Pazo Provincial. Nel aparecen os nomes dalgunhas das fundadoras do Manifesto. Tamén parte das súas reivindicacións.

O Manifestou asiouse en novembro de 2021, cando se celebrou por primeira vez o Día das Escritoras. Nel, autoras e editoras galegas reclamaban, entre outras cousas, maior presenza da muller no currículo escolar, nos espazos de toma de decisión, nos nomeamentos, nos xurados dos premios literarios, nos días das Letras Galegas o unas Reais Academias.

O documento recolle tamén varias accións. Entre elas, a creación dun Observatorio, dun premio literario con nome de muller por parte da Deputación de Pontevedra, a convocatoria dun concurso escolar de relatos sobre a igualdade e a loita contra as violencias machistas así como a creación dunha biblioteca dixital de mulleres da escrita.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí