A Pobra reducirá en máis dun cincuenta por cento o consumo eléctrica

POBRA> Xa está en marcha o proceso de licitación para a a renovación do alumeado público da Pobra. Esta actuación, presupostada en preto de novecentos cincuenta mil euros, será posible grazas a unha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía.

A renovación e adaptación do alumeado público ó regulamento de eficiencia enerxética suporá para as arcas municipais da Pobra un aforro de cento sesenta mil euros anuais. O executivo está inmerso no proceso de licitación deste gran proxecto que se acometerá con cargo a fondos europeos do IADE.

As empresas interesadas aínda dispoñen de algo máis dunha semana de prazo para presentar as súas ofertas nas que se puntuará especialmente a garantía.

Tamén terán peso específico na valoración o prezo, as melloras nas luminarias e sistemas de telexestión e a redución do prazo de execución.

O vinte e seis de febreiro abrirase o sobre A coa documentación administrativa presentada polas empresas. O 25 de marzo procederase á licitación coa designación da empresa que obteña mellor puntuación.

Comments are closed.