RIBEIRA> As obras de humanización e mellora da avenida das Carolinas, en Ribeira, darán comezo despois do verán. Este proxecto dá continuidade á reforma acometida na avenida do Malecón.
Portos de Galicia xa remitiu ó concello de Ribeira o convenio para a mellora da avenida das Carolinas. Unha vez asinado dará comezo o procedemento de licitación que conta cun prazo de tramitación administrativa de tres meses. A intención do executivo é que, a pesar de poder tela adxudicada antes, agardar a que remate o verán para iniciar as obras posto que se trata dunha vía moi transitada pola súa proximidade ás praias e ó paseo marítimo.
Moito antes, de seguro que no mes de marzo se iniciarán os traballos para a implantación de plataforma única en Rosalía de Castro para dar continuidade ó plan de humanización do casco urbano.