AROUSA> Rañeir@s da Ría de Arousa defende a súa xestión dos bancos marisqueiros ante as críticas recibidas por oito confrarías da zona. Dende a agrupación indican que o mal estado dos bancos débese a causas naturais e piden máis colaboración ás outras confrarías.
O pasado domingo 8 confrarías da ría de Arousa reuníronse para mostra o seu malestar coa xestión de rañeiros da ría. Entre as súas preocupacións, sinalaban que os bancos marisquerios atópanse en mal estado. Unha razón que segundo rañeiros débese a causas naturais.
O pago dese un por cento é unha das medidas que propuxo rañeiros para poder xestionar de mellor maneira os bancos marisqueiros e vixialos, pero segundo indican, algúns mariñeiros exhíbense dese pago.
Dende rañeiros tamén defenden que sexan eles os que xestionen os bancos e non a consellería.
A pesar das críticas, dende rañeiros valoran positivamente a súa xestión nestes anos.
A asociación pide colaboración ao resto de confrarías para que entre todos poidan xestionar e vixiar mellor os bancos marisqueiros. Advirten que as solucións só pasan pola unión, e que separar o libre marisqueo sería deixar sen traballo a moitos mariñeiros.