O loro Ravachol, máis presente ca nunca no Entroido pontevedrés

PONTEVEDRA > O 1 de marzo arrancará o Entroido pontevedrés. 8 días de festa, retranca e diversión nos que o protagonista, como cada ano, será o loro Ravachol que, tras a súa desaparición temporal, volveu a Peregrina con máis ganas que nunca.

Sen o Ravachol, o Entroido pontevedrés non sería o mesmo. E por iso, a ausencia temporal do loro da Peregrina é a protagonista no cartaz desta nova edición.

O cartel foi realizado, un ano máis, polo debuxante Kiko da Silva, e con el preténdese achegar o Entroido aos novos tempos.

Unha das datas máis destacadas desta edición será o martes 5, cando desembarcará no centro histórico da Boa Vila, a tripulación do Burla Negra para conseguir que todos os pontevedreses saquen o seu lado pirata.

Como novidade deste ano, o sábado 9 pola mañá sairán as murgas para animar as distintas prazas da cidade, e pola tarde, como é costume, celebrarase o enterro do Ravachol.

Ademais, o papel da muller non é a única reivindicación deste ano.

Unha edición na que haberá máis murgas e máis comparsas que nunca. Ademais, as dúbidas sobre quén será o pregoeiro ou a pregoeira deste ano non serán resoltas ata este venres, que será cando o Concello o anuncie.