As escolas unitarias presumen dunha ensinanza máis personalizada

VILAGARCÍA> Ao marxe das grandes escolas con numerosos alumnos, tamén iniciaron as clases os colexios unitarios. Centros de ensinanza onde o número de estudantes é reducido e comparten clases nenos e nenas de diferentes idades. Segundo os pais e nais, estas escolas permiten unha ensinanza máis personalizada.

A diferencia dos grandes centros escolares con numerosos alumnos, os colexios unitarios ofrecen unha posibilidade de escolarización con menos estudantes. É o caso da escola de educación infantil de Guillán que este ano contará con 9 alumnos.

Segundo as nais, as escolas unitarias permiten unha ensinanza máis personalizada.

Outra das peculiaridades destes centros é que as aulas son compartidas por nenos e nenas de diferentes idades.

Para que as escolas unitarias comecen as clases é necesario ter matriculados a un mínimo de 6 alumnos. Situación na que non se atopa o colexio de Guillán, onde os 9 alumnos de entre 3 e 6 anos poderán gozar dunha escolarización particular.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí