Cambados pedirá unha concesión a Costas para poder manter o campo de fútbol de Castrelo

CAMBADOS> O concello de Cambados solicitará a Costas unha concesión para poder manter o campo de fútbol de Castrelo. Dende o goberno local son conscientes da dificultade deste acordo, xa que o campo carece de licencia e concesión. O concello quere regular a situación do campo e evitar que Costas o derribe.

O concello de Cambados esgotará todas as opcións posibles para regularizar o campo de fútbol de Castrelo. O terreo que ten máis de 40 anos foi construído sen autorización e sen licencia de Costas, polo que o organismo autonómico reclama a súa demolición. O goberno local quere evitalo e solicitará unha concesión.

O concello agarda que Costas acepte a súa solicitude, e que no caso contrario, non o demole.

No caso de Costas acceda as solicitudes do goberno local, o concello acometería numerosas reformas no campo para dotalo de boas instalacións.

A outra opción que tería o concello é construír un campo novo, unha opción que descartan dende o goberno local debido á dificultade de atopar unha parcela de máis de 12 metros cadrados e ao alto investimento que sería necesario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí