Os xubilados de Rianxo ven como alternativa o traslado ó auditorio

RIANXO> A ameaza do desafiuzamento pesa sobre o colectivo de xubilados de Rianxo. Nas últimas semanas xa recibiron varios requirimentos de Portos de Galicia para que abandonen o local situado nos baixos da confraría.

O anuncio de Portos de Galicia de que o cumprimento da sentenza para o desafiuzamento do local de xubilados de Rianxo é inminente non amedrenta ó colectivo. Insisten en que non marcharán e seguirán a petar en tódalas portas ata conseguir o seu obxectivo: manter a súa sede.

A única alternativa viable para os xubilados sería o traslado a un local próximo situado no auditorio. O PP comprometeuse a levar a pleno esta proposta co fin de buscar o respaldo do resto da corporación.

Polo momento non hai data firme para proceder ó desaloxo pero Portos ten intención de dar cumprimento á sentenza nun breve prazo de tempo.

Comments are closed.