Rematada a gardería de Vilaxoán, á espera do equipamento da Xunta

VILAGARCÍA> A nova gardería de Vilaxoán xa é unha realidade. Cando menos, o edificio que acollerá esta escola infantil, que hoxe recibiu a visita da presidenta da Deputación de Pontevedra e do goberno local. Segundo o acordo acadado coa Xunta, agora será o goberno autonómico o que propocione o mobiliario necesario para que poida entrar en funcionamento o vindeiro curso.

A nova gardería de Vilaxoán xa é unha realidade. As obras están completamente rematadas, e hoxe as instalacións recibiron a visita da presidenta da Deputación de Pontevedra e do goberno local.

Deste xeito, dáse resposta a unha demanda histórica dos veciños de Vilaxoán. A construción foi financiada ao 100% grazas ao Plan Concellos da Deputación, cun investimento de máis de 700 mil euros. O equipamento depende agora da Xunta de Galicia.

A construción da gardería de Vilaxoán non estivo exenta de críticas por parte do Partido Popular, sobre todo no referente ao proceso de recepción das obras. Tanto Silva como Varela afearon a postura da oposición.

A nova escola infantil sitúase nunha parcela de máis de 2.300 metros cadrados e terá unha capacidade máxima de 82 prazas.