PONTEVEDRA> Avanza a reforma integral do edificio dos Churruchaos, en Pontevedra. A semana pasada, o concello aprobou unha prórroga de cinco meses para a finalización dos traballos, ata xullo deste ano. Trátase dun proxecto cofinanciado polas axudas á rehabilitación de edificios públicos do Ministerio de Vivenda, polo que a obra ten que estar rematada antes do 30 de setembro.
Converter o edificio dos Churruchaos nun espazo totalmente accesible e funcional. É o obxectivo da reforma integral que se está a levar a cabo no inmoble.
Os traballos avanzan a bo ritmo. Así as cousas, a semana pasada o concello aprobou unha prórroga de cinco meses para o remate das obras. Segundo a nova folla de ruta, estarán finalizadas en xullo deste ano.
Trátase dun proxecto cofinanciado con fondos europeos polas axudas á rehabilitación de edificios de titularidade pública, xestionadas polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana. Conta cun orzamento de 1,27 millóns de euros.
Do custo total da obra, a empresa adxudicataria incluíu mellorar por máis de 82.000 euros. Consistirán na dotación do mobiliario e doutros elementos.