PONTEVEDRA> A Plataforma constituída no Concello de Poio para a defensa da Sanidade Pública achegouse esta mañá ó Centro de Saúde de Combarro para denunciar o déficit sanitario que existe neste sector. Ademais, o colectivo asegura que as infraestruturas que hai actualmente na parroquia non reúnen os requisitos mínimos para prestar un servizo de calidade, e por iso piden un novo centro que conte con máis persoal e máis recursos.
A plataforma asegura que Poio é un dos concellos da área sanitaria de Pontevedra co peor ratio, xa que soamente hai 1 profesional por cada 2.150 habitantes.
Este colectivo anima a todos os partidos políticos do concello a participar nesta iniciativa, xa que o seu único obxectivo é defender a sanidade pública en Poio.
A plataforma para a defensa da Sanidade Pública está formada por máis de 16 asociacións e entidades sociais do concello, entre elas o BNG, o PSdeG e a formación Avante Poio.
Comments are closed.