PONTEVEDRA> O goberno local de Pontevedra pedirá a Ence, a Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado que traballen conxuntamente no traslado da pasteira de Lourizán. Así o anunciaron hoxe Tino Fernández e Carme da Silva. Esta petición será debatida no vindeiro Pleno municipal, que se levará a cabo o día 22.
O goberno local insta a Ence, a Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a traballar de forma inmediata para o traslado da factoría de Lourizán. Esta é unha das peticións que o BNG e o PSOE levarán ao vindeiro Pleno municipal, o cal terá lugar o día 22 de marzo.
Na sesión plenaria do mes de marzo, o goberno local pedirá tamén que se condene a actitude adoptada polos traballadores da pasteira.
Tanto o BNG como o PSOE teñen claro que detrás destes feitos hai dous culpables. Por unha banda a propia empresa e, por outra, o PP. Por iso, o goberno local pediu hoxe aos populares que freen estas protestas.