Selan con silicona a fechadura da oficina do PP municipal

PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra denuncia ante a Policía Nacional a colocación de silicona na fechadura da oficina do seu grupo municipal. O acto vandálico foi descuberto onte pola mañá, cando os concelleiros populares quixeron acceder ao despacho. Dende a formación non ocultan a súa sorpresa, xa que a oficina está no soto do concello e para acceder hai que pasar por un control da Policía Local. Unha vixilancia que se ten reforzado coa COVID19. Dende o goberno local lamentaron tamén este episodio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí