A pronvincia de Pontevedra convértese nun referente en enerxía fotovoltaica

BARRO> O novo centro loxístico do Grupo Froiz en Barro contará cuns módulos de última xeración en enerxía fotovoltaica. Estes modelos de alto rendemento e eficiencia serán empregados por primeira vez en España. Á presentación desta proxecto acudiu o seu inventor, o científico australiano Martin Green.

A provincia de Pontevedra ponse á vangarda na utilización de enerxía fotovoltaica. E o fai grazas a implantación de novos módulos de última xeración desta enerxía nas instalacións do novo centro loxístico do Grupo Froiz en Barro. O proxecto será executado por EDF Solar, unha empresa especializada nas instalacións de autoconsumo. Á presentación deste plan acudiu Martin Green, considerado o pai da enerxía fotovoltaica.

Os paneis están deseñados polo fabricante internacional Suport Power. Fernando Romero destacou a alta calidade da produción desta marca.

Para a presidenta da deputación de Pontevedra este proxecto converte á provincia nun referente.

Ante o mal tempo, por seguridade, retrasouse a implantación do novo módulo. As obras comezarán o próximos luns e o tempo estimado de execución é dun máximo de 15 días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí