RIANXO> A feira do Libro de Rianxo abriu este mediodía as súas portas. O escritor Suso de Toro foi o encargado de inaugurala coa lectura do pregón no que fixo referencia á importancia literaria de Rianxo, berce de ilustres escritores.
As seis casetas que conforman a feira do libro de Rianxo abrían este mediodía as súas portas para achegar ata a vila as últimas novidades editoriais cun 10 por cento de desconto. O acto de apertura correu a cargo do pregoeiro, Suso de Toro, quen destacou o inxente patrimonio literario de Rianxo
Tamén participaron no acto a subdirectora xeral de Bibliotecas e do Libro da Xunta de Galicia e o responsable de cultura na Deputación da Coruña, dúas administracións que colaboran con esta e co resto de feiras organizadas pola asociación de libreiros de Galicia.
Tralo acto inaugural, amenizado pola música e voz de Ferre e Susavila Jazz Casual, comezaron as máis de 40 actividades que compoñen o programa. Dende presentacións e sinaturas de libros ata actuacións musicais e todo tipo de actividades complementarias que farán de Rianxo esta fin de semana a capital do libro.