En marcha as obras de mellora da seguridade viaria nun punto negro de Vilanova

VILANOVA> En Vilanova, arrancan as obras de mellora de seguridade viaria na estrada que vai a Cambados, á altura de San Miguel de Deiro.  Trátase dun treito de concentración de accidentes no que tamén se creará unha senda. Noutra estrada do concello, na PO-307, tamén comezaron hoxe as obras dun itinerario ciclita e peonil. En total, vanse destinar a estes dous proxectos case dous millóns e medio de euros.

Esta parte final da estrada que une Cambados con Vilanova, entre Deiro e a intersección coa vía rápida, esta considerada unha zona de concentración de accidentes. Esta mañá deron comezo as obras de mellora da seguridade viaria. A actuación afectará a un treito de dous quilómetros.

Esta actuación compleméntase cun novo treito de sendas peonís de 700 metros. Un proxecto que ó que se une tamén a construción doutro itinerario peonil e ciclista nesta mesma estrada, que tamén contempla a continuación da senda pola PO-307.

O alcalde de Vilanova lembra que con estas novas sendas só resta unha fase máis para completa-lo percorrido entre Vilagarcía e Cambados.

En total, nas obras que arrancaron hoxe investiranse case dous millóns e medio de euros. Todos estes traballos quedarán rematados antes do vindeiro verán.