RIBEIRA> A sorte volvía sorrir a Ribeira esta fin de semana. Un boleto do sorteo do Euromillón, selado na Administración Número 1 de Ribeira, resultou premiado cun millón de euros.
Non foi unha combinación de números a que deparou sorte ó afortunado gañador senón o código que se lle asigna a cada un dos boletos selados en toda España durante toda a semana. entre todos, resultou agraciado un que foi validado na administración número 1 de Ribeira.
Polo momento nada se sabe da identidade do gañador aínda que é probable que se trate dun turista ante a gran afluencia de visitantes que recibiu nas últimas semanas a capital barbanzá.
O que si está claro, é que a administración que rexenta Joaquín Valeiras é practicamente un valor seguro ante a gran cantidade de premios que leva repartidos dende que abrira as súas portas.