Detidos dous boirenses por tráfico de drogas no marco da operación ‘Cigarreira’

BOIRO> Desartellado un punto de venda e distribución de droga en Boiro. Foi no marco da denominada operación ‘Cigarreira’. A Garda Civil detivo a dúas persoas, un pai e o seu fillo, e investigou a outras catro máis  por varios delitos contra a saúde pública.

Ó parecer a investigación iniciouse o pasado mes de novembro, a raíz das denuncias de moitos veciños da zona, que sospeitaban da existencia dun punto de venda de substancias estupefacientes, ó que acudían numerosos toxicómanos da comarca.

Segundo informaron fontes do propio Instituto Armado na zona en cuestión, en pleno casco urbano, rexistrouse tamén nestes meses un incremento dos roubos que podían estar tamén vinculados a estas persoas que a diario acudían ó piso na procura da droga. N

a operación a Garda Civil fíxose con 388 doses de heroína e 180 de cocaína, así como con preto de 500 euros en efectivo, un vehículo e dous teléfonos móbiles. Tódalas dilixencias instruídas durante a operación foron remitidas ó Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 3 de Ribeira

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí