A limpeza do pavimento dana as pedras do entorno de Fefiñáns

CAMBADOS> O Partido Popular de Cambados denunciará ante Patrimonio a última limpeza realizada na Praza de Fefiñáns. Segundo a formación, a intervención foi demasiado agresiva, e chegou a estalar varias pedras tanto do pavimento como da fachada do pazo. Recordan que Fefiñáns está catalogado como un Ben de Interese Cultural.

O Partido Popular de Cambados denuncia a última intervención realizada polo concello na Praza de Fefiñáns. Segundo o seu líder, o que tiña que ser unha limpeza da zona, rematou por converterse nunha agresión contra o patrimonio.

Luis Aragunde responsabiliza directamente ao concelleiro de Obras, José Ramón Abal, da actuación. Tamén pon en dúbida que conte cos permisos de Patrimonio pertinentes.

Ademais de contar coa autorización de Patrimonio e coa supervisión dun técnico, Aragunde asegura que os traballos neste entorno, considerado Ben de Interese Cultural, deben ser manuais para evitar danar as pedras.

Aragunde asegurou que, ademais de pedir explicacións no concello, denunciarán esta intervención na Praza de Fefiñáns ante a Dirección Xeral de Patrimonio.

Comments are closed.