O líder do PSdeG e os alcaldes e concellerios do Salnés e Pontevedra piden á xunta que modifique a súa norma e que favoreza a contratación de socorristas

OGROVE> O líder do PSdeG e os alcaldes e concelleiros socialistas do Salnés e Pontevedra piden á Xunta que modifique os criterios para a contratación de socorristas. Os rexedores culpan á administración autonómica de que os vixiantes na súas praias caeran a preto da metade durante este verán. Advirten da perigosidade que supón para os usuarios das praias e do dano que se fai ao turismo.

O líder do PSdeG, Valentín González Formoso, mantivo un encontro no Grove con alcaldes e concelleiros do Salnés e Pontevedra. A xuntanza estaba enfocada a tratar a preocupación dos concellos ante a falta de socorristas nas súas praias. Os socialistas culpan á xunta de establecer uns requisitos que dificulta a contratación de vixiantes.

Os socialistas piden á xunta que rectifique e que tome medidas tendo en conta aos concellos, xa que son os que contratan ao persoal.

Algúns concellos viron reducido o seu número de socorristas en máis da metade. No caso do Salnés os máis prexudicados son os municipios da Illa e O Grove. Os alcaldes piden á xunta que mude o sistema e que realice máis cursos de formación.

Os alcaldes xa tomaron medidas para intentar suplir esta falta de socorristas. Nos citados concellos, están contratando sanitarios para que velen pola seguridade nas praias, o problema co que se atopan é coas limitacións para poder actuar dentro do mar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí