Lousame repoboará a contorna de San Lourenzo con especies autóctonas

LOUSAME> O concello de Lousame repoboará con especies autóctonas a contorna do monte de San Lourenzo. Este proxecto medioambiental suporá un investimento de máis de trinta mil euros, cofinanciados pola Consellería do Medio Rural.

Nas próximas semanas, o concello de Lousame porá en marcha un ambicioso proxecto medioambiental para a posta en valor do monte de San Lourenzo. Actuarase sobre unha superficie de algo máis de catro hectáreas, nuns terreos cedidos hai dous anos pola comunidade de montes de Abeixón e Carantoña.

Esta nova superficie sumarase ó sobreiral de San Lourenzo, único en Galicia, no que se acometerán tarefas de limpeza e eliminación de especies invasoras.

Unha vez se acometan os traballos de acondicionamento e preparación do terreo, procederase á plantación na que colaborarán os alumos do CEIP Cernadas de Castro.