Miguel Boó presenta a súa obra “Suso Vaamonde, voz de trebón”

PONTEVEDRA > O xornalista Miguel Boó presentou en Pontevedra o libro “Suso Vaamonde, voz de trebón”. Unha obra biográfica na que relata anécdotas da vida do artista e na que recoñece a importancia que tivo na popularización da poesía galega.

“Suso Vaamonde, voz de trebón” é unha obra biográfica que conta diversas anécdotas da vida do artista. Pero a súa vez é un libro reivindicativo no que o seu autor, Miguel Boó, quixo dar valor a todo o traballo que o músico realizou en vida para fomentar a poesía galega.

Este libro chega 19 anos despois dende o falecemento de Suso Vaamonde, porque, a pesar de que o escritor tiña un compromiso con el, para Miguel Boó foi moi complicado dixerir todas as emocións que lle roldaron durante estes anos.

Suso Vaamonde foi un gran músico, pero sobre todo, foi un artista ao que a poesía galega lle debe moito.

Agora Miguel Boó so desexa que a Suso Vaamonde se lle recoñeza o seu traballo e que teña o seu Día das Letras Galegas.