Na escola infantil de Vilagarcía descobren o mundo do mar a través dos seus disfraces

VILAGARCIA> Chegou ó Entroido á Escola infantil de Vilagarcía. Hoxe, nas aulas do centro atopamos disfraces de centolas, polbos, luras e mesmo medusas. Entre bailes e xogos, os máis de 200 nenos da escola descubriron esta mañá tódolos segredos que agocha o mar.

Collan aire, porque toca mergullarse na Ría de Arousa. Nela atopamos hoxe máis de 200 exemplares das especies máis variadas. Vexan:

Eles son só uns exemplos dos disfraces que puidemos atopar esta mañá na Escola Infantil Municipal de Vilagarcía. Este ano, o centro escolleu como temática o mundo do mar, a súa diversidade e o fondo vínculo coa comarca.

Este é un proxecto que ten no centro un longo percorrido. Durante este curso, o profesorado estalle ensinando ós pequechos cales son os segredos que agocha o mar, facendo especial fincapé na cultura mariñeira da zona. Porque non hai nada mellor para descubri-lo mundo que nos rodea que conectar con el. Para iso, a Escola ata ten prevista unha excursión á Praza de Abastos, para que os nenos vexan en primeira persoa toda a riqueza do noso mar.

De momento hoxe o que tocou foi pasalo ben no fondo deste mar do patio da Escola Infantil vilagarciá.